[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Leo Fender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Clarence Leonidas Fender»)
Modelo:BiografíaLeo Fender

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1909 Editar o valor en Wikidata
Anaheim, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1991 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Fullerton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFairhaven Memorial Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFullerton Union High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfabricante de guitarras (pt) Traducir, inventor, empresario, fabricante de instrumentos musicais, lutier Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata -
Premios

BNE: XX6140993 WikiTree: Fender-213 Find a Grave: 3045 Editar o valor en Wikidata

Clarence Leonidas Fender, coñecido como Leo Fender, nado o 10 de agosto de 1909 en Anaheim (California) e finado o 21 de marzo de 1991, foi un construtor de guitarras estadounidense, fundador da Fender Electric Instrument Manufacturing Company, agora coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e posteriormente fundou a G&L Musical Products (G&L Guitars).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Anaheim (California) e na súa adolescencia aficionouse a manipular radios. Pouco a pouco foi interesándose nos amplificadores e nos aparatos electrónicos en xeral.

A idea dunha guitarra eléctrica de corpo macizo atraíao, e a principios dos anos 40 construíu un prototipo que alugaba aos músicos da zona e chegou a facerse bastante popular. Pouco tempo despois fundou a compañía K&F con "Doc" Kauffman, que participara no deseño dalgunhas das guitarras eléctricas Rickenbacker Electro. K&F adicouse principalmente á fabricación de guitarras steel eléctricas e amplificadores, pero só durou ata 1946, cando Leo fundou a Fender Electric Instrument Manufacturing Company.

En 1948, George Fullerton asociouse con Fender, e entre os dous deseñaron a Broadcaster, que ao pouco tempo cambiou o seu nome polo de Telecaster, debido a que Gretsch tiña rexistrado o de Broadcaster. Uns poucos modelos de transición, chamados "No-casters", non levan nome no clavixeiro.

Fender continuou creando innovacións, pero púxose enfermo e en 1965 vendeu a súa empresa a CBS por 13 millóns de dólares. Pouco despois, a súa saúde mellorou e Leo incorporouse á CBS/Fender durante un breve período. Abandonou CBS en 1970 para deseñar instrumentos en Music Man e G&L, e morreu en marzo de 1991.