Wrocław
Epónimo | Vratislau I de Bohemia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Baixa Silesia | ||||
Capital de | Duchy of Wroclaw (en) Wrocław Voivodeship (en) Condado de Wrocław (pt) Silesia Breslau Government Region (en) (1813–1945) Baixa Silesia (1945–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 672.929 (2021) (2.296,69 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 293 km² | ||||
Bañado por | Río Oder, Ślęza (en) , Oława (en) , Widawa (en) e Bystrzyca (en) | ||||
Altitude | 111 m | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Wisznia Mała (pt) Comuna de Kobierzyce (pt) Comuna de Miękinia (pt) Comuna de Oborniki Śląskie (pt) Comuna de Kąty Wrocławskie (pt) Comuna de Czernica (pt) Comuna de Długołęka (pt) Gmina Siechnice (en) | ||||
Creación | 1214 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Wroclaw (en) | Jacek Sutryk (pt) (2018–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50-041 e 50-325 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 71 | ||||
Código NUTS | PL514 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | wroclaw.pl | ||||
Wrocław (en alemán Breslau, en checo Vratislav, en latín Wratislavia ou Vratislavia) é a capital do Voivodia da Baixa Silesia no suroeste da Polonia, está situada ás beiras do río Oder (en polaco Odra). Despois de Varsovia, Wrocław é o segundo maior centro financeiro da Polonia. No ano 2004, a cidade tiña unha poboación estimada de 633.700 habitantes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O primeiro rexistro da cidade data do ano 1000, aparecendo na crónica de Thietmar, na que se menciona o establecemento dunha nova diocese por Johannes Wrotizlaensis, bispo de Wrotizla, (Wortizlawa). No primeiro selo municipal aparece o nome de: Sigillum civitatis Wracislavie, simplificándose e dando lugar en 1175 a Wrezlawe, o cal evolucionou a Prezla, Bresla(u=w).
Historia
[editar | editar a fonte]Edad Media
Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do río Oder, xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw", o lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, Mieszko I, na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo, que non puido ser tomado por falta de tempo.
A partir de entón o pobo foi citado en varios documentos baixo os nomes de Bresslau, Presslau, Breslau e Wratislaw.
Brelavia foi, como toda Silesia, obxecto dunha intensa colonización alemá na Idade Media, sobre todo trala súa destrución polos mongois en 1241. Por iso a cidade entón refundada e os seus monumentos arquitectónicos teñen un claro sinal xermano. En 1262 a Lei Magdeburgo empezouse a aplicar na cidade refundada. A primeira ilustración da cidade apareceu na Crónica de Nuremburgo en 1493.
A dinastía Piast era unha rama independente da casa reinante en Polonia, que tiña numerosos vínculos familiares e culturais co imperio xermánico. Debido á baixa densidade de poboación en Silesia e ós escasos asentamentos humanos, esta dinastía propiciou e fomentou o asentamento de colonos alemáns.
Predecesor: Mons Plzeň |
Capital Europea da cultura xunto con Donostia 2016 |
Sucesor: Aarhus Paphos |