Bertrand du Guesclin
Nome orixinal | (fr) Bertrand Du Guesclin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 1320 Broons, Francia |
Morte | 13 de xullo de 1380 (50/60 anos) Châteauneuf-de-Randon, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis (esqueleto) Monument du cœur de Bertrand du Guesclin (en) (corazón) |
Condestável da França (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | militar, cabaleiro |
Período de actividade | 1335 (Gregoriano) - |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de terra |
Rango militar | Condestável da França (pt) (1370 (Gregoriano)–1380 (Gregoriano)) Condestable de Castela |
Conflito | Guerra dos Cen Anos Guerra civil de Castela Guerra da Sucessão Bretã (pt) Batalha de Cocherel (pt) Batalha de Auray (pt) Batalha de Nájera (pt) Battle of Montiel (en) |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Jeanne de Laval-Tinténiac Tiphaine Raguenel |
Pai | Robert II du Guesclin |
Irmáns | Olivier du Guesclin |
Descrito pola fonte | Dictionnaire du patrimoine rennais (en) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Du Guesclin, Bertrand, Eagle of Brittany, Guesclin, Bertrand du |
Bertrand du Guesclin finado en 1380 en Chateauneuf-de-Rondon, foi un condestable de Francia, heroe da Guerra dos Cen Anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viña da baixa nobreza da Bretaña onde tomou parte nas guerras de sucesión dese ducado independente. Loitou contra os ingleses en defensa desta. Resistiu en Rennes os ataques do Duque de Lancaster.
Pasou ao servizo de Carlos IV de Francia e dirixiu aos franceses contra os ingleses caendo varias veces prisioneiro. Nunha ocasión declarou ao xefe das tropas rivais, o Príncipe Negro, que todas as mulleres de Francia estarían dispostas a pagaren o seu rescate aínda que tiveran que fiar as fiandeiras de toda Francia. Experto nunha guerra de desgaste acabou minando as posicións inimigas. En 1364 venceu sobre os anglo-navarros en Cocherel, Normandía. Os seus exércitos eran as temidas e eficaces Compañas Brancas.
Tras a paz de Calais, pasou a Castela para axudar a Henrique de Trastámara contra o lexítimo rei Pedro I o Cruel. A súa intervención foi determinante na decisiva batalla de Montiel onde encontrou a morte este último. A el tamén se lle atribúe a frase: non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor, que outros poñen nos beizos do galego conde de Andrade.
Carlos V de Francia nomeouno condestable e, seguindo unha estratexia de evitar grandes batallas decisivas, foi recuperando importantes prazas fortes. Loitou tamén contra o seu ducado natal para colocalo baixo a autoridade do rei de Francia. Faleceu durante o asedio de Châteauneuf-de-Rondon.