Bernaldo de Italia
Nome orixinal | (fr) Bernard (de) Bernhard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 797 (Gregoriano) Altos de Francia |
Morte | 17 de abril de 818 (20/21 anos) Milán, Italia |
Lugar de sepultura | basílica de santo Ambrosio |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei de Italia (813–817) |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Cunigunda (813 (Gregoriano)–) |
Fillos | Pepino de Vermandois |
Pais | Pipino de Italia e Rotaida |
Irmáns | Adelaide Atala Gundrada Berta Theodrada |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Bernaldo de Italia,[1] nado sobre 797 e finado o 17 de abril de 818, foi rei dos longobardos desde 813 ata 817. Neto de Carlomagno, era un fillo ilexítimo de Pipino, rei dos longobardos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Á morte de seu pai, estaba destinado a ser rei dos longobardos, pero o seu avó, Carlomagno esperou a que cumprise os quince anos antes de envialo para tomar o control de Italia, en 812. Recibiu a dignidade real en abril de 813, gobernando pero, baixo a tutela dun neto de Carlos Martel, Adalhart, primo e antigo titor de seu pai e quizais parente de súa nai.
Logo da morte de Carlomagno, prestou homenaxe ao novo emperador, o seu tío Lois o Piadoso. En xullo de 817, este último, baixo a influencia da contorna da emperatriz Ermengarda, retiroulle o goberno de Italia e o título real, coa intención de proclamar algún dos seus fillos.
Malia que había motivos para a revolta, Bernaldo, nun primeiro momento non fixo movemento ningún. Pero en decembro de 817, co apoio de grandes personaxes por exemplo Anselmo, bispo de Milán, toma as armas contra o seu tío. Este someteuno obrigándoo a lle implorar perdón en Chalon-sur-Saône. Deportado a Aix-la-Chapelle, condenárono a morte. Afectado pola axitación que se vive neses momentos, provocada polos seus propios fillos, Lois o Piadoso, parece que se vai apiadar do seu sobriño, conmutando a pena de morte pola de ser cegado cun ferro candente. Bernaldo morreu tres días máis tarde, a consecuencia do suplicio.
Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]Cara a 813, estaba casado cunha muller chamada Cunegunda. A filiación desta muller non é coñecida, pero o seu nome coincide co de Cunegunda, esposa de Guillerme de Aquitania, e nai dun tal Heriberto, nome que aparece tamén entre os descendentes de Bernaldo. Cronoloxicamente a esposa de Bernaldo podería ser a filla pequena de Guillerme de Xelona e Cunegunda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernaldo de Italia |