Lingua baskir
Baskir Башҡорт теле, Başqort tele, باشقۇرت تئلئ | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Bashkortostán | |
Total de falantes: | 1 200 000 (censo de 2010) | |
Familia: | Linguas turcas Turco shaz Linguas kipchak Kipchak setentrional Baskir | |
Escrita: | Cirílico (official) Latino (non oficial) árabe (histórico) Antigo alfabeto turco (historical) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Bashkortostán | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ba
| |
ISO 639-2: | bak | |
ISO 639-3: | bak
| |
Mapa | ||
Status | ||
O baskir (Башҡорт теле, Başqort tele, باشقۇرت تئلئ) é unha lingua da familia turca falada polo pobo baskir. É cooficial xunto co ruso na República de Bashkortostán e conta con preto de 1,2 millóns de falantes en Rusia. O baskir ten tres dialectos: meridional, oriental e setentrional.
Falantes
[editar | editar a fonte]O censo de 1989 declaraba que había 1 047 000 falantes nativos da lingua baskir vivindo na URSS. Outros 26.737 dicían que o baskir era a súa segunda lingua. Aproximadamente 300.000 baskires declararon que o tártaro era a súa lingua nativa. No censo de 2002 houbo declarados 1 379 727 falantes.
A maioría dos falantes do baskir habitan na república rusa de Bashkortostán, así como nos veciños Tartaristán e Udmurtia. Un número substancial de falantes viven no Krai de Perm e en Chelyabinsk, Oremburgo, Sverdlovsk e óblast de Kurgan. Existen importantes minorías baskires en Casaquistán e Uzbekistán.
Alfabeto e dialectos
[editar | editar a fonte]Inda que os baskires eran orixinariamente tribos úgricas ou finesas, adoptaron a lingua bolgar. Trala invasión mongol de Rusia, o kypchak fíxose máis habitual, xa que era o idioma falado pola maioría das tribos da Horda Dourada.
O baskir moderno, do mesmo modo que o tártaro, que é similar, toma as súas raíces do grupo de linguas kypchak. Hoxe en día o idioma ten moitos dialectos, que son moi similares ó tártaro. No pasado, os baskires usaban o tártaro coma lingua escrita. No século XV substituíuno o Chagatay (porén, segundo algúns historiadores[Cómpre referencia], foino pola variedade tártara antiga do Chagatay), que se utilizou ata 1923. Tanto o tártaro coma o chatay usaban a escritura árabe.
En 1923, creouse un sistema escrito para a lingua baskir. Tamén se creou unha linguaxe literaria propia. Ó principio utilizouse un alfabeto árabe modificado. En 1930 foi substituído por un alfabeto baseado no latino e este á súa vez por outro adaptado do cirílico en 1938.
O alfabeto utilizado polo baskir é o mesmo que o alfabeto ruso, co engadido das seguintes letras: Ә ә Ө ө Ү ү Ғ ғ Ҡ ҡ Ң ң Ҙ ҙ Ҫ ҫ Һ һ.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua baskir |