Banesco Banco Universal
Banesco Banco Universal | |
---|---|
Vista parcial de "Ciudad Banesco" | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1992 |
Localización | Caracas, Venezuela |
Fundador | Juan Carlos Escotet |
Persoas clave | Juan Carlos Escotet (presidente) |
Industria | Banca |
Beneficio | 5 308 741 336 VEF [1] |
Na rede | |
http://www.banesco.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Banesco Banco Universal, coñecido abreviadamente como Banesco, é unha institución financeira venezolana establecida na cidade de Caracas. Conta con 473 sucursais no país e actualmente é o maior grupo bancario privado do país, tendo unha cota de participación do mercado do 13,65 %,[2]
Xunto cos seus principais competidores, Bicentenario Banco Universa, Banco Mercantil, Banco Occidental de Descuento, Banco de Venezuela e Banco Provincial forma o Estrato Grande do Ránking Bancario segundo a Superintendencia da Actividade Bancaria (SUDEBAN), ente adscrito ao Ministerio do Poder Popular para Planificación e Finanzas.
O grupo financeiro comprende, ademais, unha aseguradora, un sistema de banca privada, unha empresa de servizos de tickets ou vales de alimentación para empregados (TodoTicket), así como outros negocios menores.
Historia
[editar | editar a fonte]Banesco xorde no ano 1977 co nome de Banco Agroindustrial Venezolano, nome que mantén até o ano 1987 cando o cambia por Banco Financiero. No 1992, despois de cambiar o seu nome novamente a Bancentro, o banco foi adquirido pola casa de bolsa Banesco, propiedade do seu actual presidente da Xunta Directiva Juan Carlos Escotet Rodríguez, polo cal a entidade pasa a denominarse Banesco Organización Financiera. En 1997 transfórmase en banco universal logo de fusionarse con Banesco fondo de activos líquidos e Banesco arrendamiento.
Caja Familia
[editar | editar a fonte]En 1997 Banesco Organización Financiera funda Caja Familia Entidad de Ahorro y Préstamo produto da fusión coas entidades de aforro e préstamo El Porvenir, Bancarios, La Industrial, Maracay e Caja Popular. Máis tarde, en 1999, adquire La Primera EAP pasando a liderar ese segmento.
Unibanca
[editar | editar a fonte]No ano 2000, Caja Familia, unha das filiais de Banesco, fusiónase co Banco Unión (fundado en 1946). O acordo establecía un 50 % das accións para Banesco e o outro 50 % para o Grupo Unión, nacendo así Unibanca, que se transforma no cuarto banco máis grande de Venezuela. A fusión consumouse o 12 de febreiro de 2001.
En 2002 Banesco adquire a súa maior importancia tras concretar en conxunto con Unibanca unha das maiores fusións bancarias do país.[3]
Fusión dos bancos quebrados durante a Crise bancaria de 1994
[editar | editar a fonte]- Banco Latino
- Banco Progreso
- Banco Construcción
- Banco Barinas
Sedes
[editar | editar a fonte]O banco posúe 446 sucursais bancarias en Venezuela, ademais de 16 Axencias Comunitarias localizadas nos sectores populares. As súas oficinas centrais están na cidade de Caracas:
- Ciudad Banesco
Ciudad Banesco foi antigamente a sede de Sears, até que esta entidade se retirou de Venezuela e foi ocupada por outro complexo de apartamentos chamado Maxy's. Banesco adquiriu o inmoble e en 2004 reinaugurouno baixo o concepto de fábrica baseado no aproveitamento de espazos horizontais e abertos, o cal permite manter s celas operativas próximas. Grazas aos cambios realizados, Ciudad Banesco converteuse nun edificio ecolóxico, xa que se usaron materiais que respectan o contorno. Ciudad Banesco recibiu o Premio Anual Construción 2004 outorgado pola Cámara da Construción de Venezuela.
- Torres Banesco 1 e 2
Situadas no sector financeiro de El Rosal, ambos os edificios funcionaron como sede principal de Banesco até 2004, cando a entidade trasladou a súa sede principal a Ciudad Banesco; porén, aínda funcionan como edificios de oficinas do banco.
- Antiga sede esquina El Chorro
Esta torre está situada na Avenida Universidad, no centro de Caracas. Inicialmente denominouse Torre Unión, propiedade da antiga entidade bancaria Banco Unión que, tras a fusión con Caja Familia (do grupo Banesco) transformouse en Unibanca. Tras finalizar a fusión con Banesco, a torre foi vendida ao Estado venezolano. Actualmente funciona como sede dos ministerios de Ciencias y Tecnología, Cultura, Información y Educación Superior; as súas antigas bóvedas, onde estaba o Banco Unión, convertéronse nunha imprenta e depósitos de libros gratuítos dos distintos entes gobernamentais, e tamén é sede da Fundación Impresa Cultural e sa sede anexa da Imprenta Nacional, onde se edita a Gaceta Oficial de la República Bolivariana.
Filiais
[editar | editar a fonte]- Banca Comunitaria Banesco[4]
- Banco Etcheverría
- Banesco Colombia[5][6]
- Banesco Holding
- Banesco Panamá
- Banesco República Dominicana
- Banesco USA
- Efecticket[7]
- Novagalicia Banco
- TodoTicket[8]
- Seguros Banesco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1º semestre de 2012.
- ↑ Sistema banca comercial y universal. Novembro de 2007 Banca y Finanzas. 21 de xaneiro de 2007. (en castelán) Consultada do 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Grande y venezolano Revista Producto. Xullo de 2007. (en castelán). Consultado o 37 de xaneiro de 2014.
- ↑ [1]
- ↑ "Banesco.com". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Descifrado". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Todoticket". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Página oficial de Banesco Arquivado 08 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Banca y Negocios: Banesco inalcanzable (historia e posición actual)
- Página Informativa del Econ. Juan Carlos Escotet Rodríguez Presidente da Xunta Directiva de Banesco Banco Universal Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Resultados de Banesco Banco Universal ó peche de 2004