[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Banda de música de Goiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda de música de Goiás
Banda de Gregorio, Banda de Carragoso
Anos de actividade1882-1961
EnderezoGoiás, Lalín

A Banda de música de Goiás foi unha agrupación musical fundada na parroquia de Goiás, no concello pontevedrés de Lalín.

Fundada en 1882, pola súa dirección pasou Gregorio de Regufe, polo que a formación chegou a denominarse Banda de Gregorio. Tamén levou a batuta José Ramón Villamayor, veciño de Noceda e residente en Carragoso polo que a banda tamén se denominou Banda de Carragoso. Outros directores foron Luis Taboada Paracha, Enrique García Rey e Manuel García Barcala. Adoitou actuar con bandas da provincia de Ourense como Ribadavia ou Alongos. En 1961 desapareceu, con ángel Pereiro Cores á fronte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]