[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

CB Estudiantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Adecco Estudiantes»)
Movistar Estudiantes
Información xeral
Liga Primeira FEB
Alcume Estu
Fundación 1948
Historia Ramiro de Maeztu (1948)
Cores           Azul, negro
Presidente España Fernando Galindo
Adestrador España Javier Zamora
Patrocinador Movistar
Localización
Cidade España Madrid, España
Pavillón WiZink Center
Capacidade 17 453
Inauguración 6 de febreiro de 2005
Campionatos
Copa do Rei 3 (1962, 1992, 2000)
Copa Príncipe 1 (1986)
clubestudiantes.com

O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Movistar Estudiantes, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Madrid (España) que xoga na Primeira FEB. Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu era, até o seu descenso en 2021, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.

O pavillón onde xogan os seus partidos como local é o Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid, no presente coñecido polo nome de WiZink Center. O recinto, que foi inaugurado no ano 2005 e que comparte co Real Madrid, conta con capacidade para 17 453 espectadores. O Estudiantes é coñecido tamén polas súas categorías de formación de xogadores, formando a xogadores e adestradores que teñen sido campións do mundo, medallistas olímpicos ou xogadores da National Basketball Association (NBA).

Fundación

[editar | editar a fonte]

O club foi fundado durante o curso 1947-48, cando un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu inscribiu na "Federación Castellana de Baloncesto" (do castelán: Federación Castelá de Baloncesto) un equipo co nome de "Ramiro de Maeztu" na Terceira Divi­sión. Un ano máis tarde, no curso 1948-49, trocou o nome e constituíuse formalmente como "Club Baloncesto Estudiantes", baixo os auspicios e o apoio decisivo de Antonio Magariños, catedrático e xefe de estudos do Instituto. Ese ano inscribíronse con ese nome dous equipos, sendo o propio Antonio Magariños o primeiro presidente do club.

Na tempada 1947-1948 o Estudiantes queda subcampión de Terceira División de Castela e ascende á Segunda categoría. Na tempada 1948-49 ascende de Segunda a Primeira e na 1949-50 alcanza a máxima categoría existente entón. A primeira liga española de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto, disputouse no ano 1957 con seis equipos: Aismalíbar, FC Barcelona, Estudiantes, Joventut de Badalona, Orillo Verde de Sabadell e Real Madrid. O Real Madrid e o Estudiantes participaron como primeiro e segundo do Campionato de Castela. Dende aquela, o Estudiantes é un dos tres únicos clubs españois que mantiveron a máxima categoría en competición española.

Primeiro título

[editar | editar a fonte]

Nos anos sesenta chegan os primeiros títulos, conseguindo a súa primeira Copa do Rei en 1963: tras gañar na final ao Real Madrid por 94-90, sendo tamén subcampión da Liga, tralos seus compañeiros de cidade. Xa na tempada anterior o Estudiantes fora subcampión de Copa, perdendo na final ante o Real Madrid por 80-66, e terceiro na Liga (tras Real Madrid e Joventut). Á tempada seguinte, 1963-64, o Estudiantes non repite éxito, e consegue o segundo posto na Copa do Rei disputada en Lugo, con todo este posto conseguise tras vencer ao Real Madrid no partido polo terceiro e cuarto posto por 114-62, a vitoria máis avultada sobre o seu gran rival.

Anos despois, o 19 de marzo de 1967, data correspondente ó derradeiro partido da liga 1966-67, o Estudiantes vence o seu gran rival por mor dunha canastra de Emilio Segura nos últimos segundos, poñendo o marcador 77-75, e privando ao Real Madrid do título de liga que foi parar ao Joventut. Ao ano seguinte, en Badalona, La Penya ofreceu ao Estudiantes unha placa á deportividade e durante dous minutos o público badalonés estivo aplaudindo en pé. A importancia da xesta do Estudiantes radica en que durante as décadas dos sesenta e setenta o Real Madrid gañara dezaseis ligas consecutivas, dende 1959 até 1977 exceptuando ese ano. No presente unha peña de seareiros do Estudiantes denomínase "Peña Emilio Segura" en lembranza da xesta protagonizada polo xogador "estudiantil", o cal é socio de honra da mesma. O último momento destacable deste época sucedeu o 9 de marzo de 1969 cando nun partido ante o Joventut en Badalona, José Luis Sagi-Vela conseguiu 50 puntos, mellor rexistro na historia do club, e sendo tan só igualado quince anos máis tarde por David Russell.

Chegada a Europa

[editar | editar a fonte]

Os anos setenta son uns anos con grandes e entrañables xogadores, co club e a afección asentados no Pavillón Magariños, inaugurado en 1971, e onde a "Demencia" empeza a estar máis organizada. É a época en que empeza a xogar o primeiro americano remunerado en Estudiantes, Ron Taylor. Entre os logros da época destacan dous subcampionatos de Copa, en 1973 e 1975; e as primeiras participacións en competicións europeas, en concreto a Recopa.

Así, en 1973, o Estudiantes chega á súa primeira final da Copa da década, denominada naquela época do "Copa del Generalísimo". Perdeu en Valencia contra o Real Madrid por 123-79. Con todo, isto serviulle para que en 1973-74 disputase por primeira vez unha competición europea oficial, a Recopa. Os colexiais debutaron ante o SL Benfica portugués en segunda rolda. Tras eliminar ao Mounier Wels en oitavos de final, e pasar como segundos na liguiña de cuartos (na que o equipo do Ramiro compartiu grupo co Spartak de Brno e co Steaua de Bucarest), Estudiantes caeu en semifinais ante o Estrela Vermella iugoslavo, ao cabo campión.

En 1975 o Estudiantes xoga á súa segunda é última final de Copa destes anos, perdendo na final en Xerez da Fronteira de novo fronte ao Real Madrid, esta vez por 114-85. Este resultado valeulle de novo para xogar a Recopa na tempada seguinte, xa na mesma, en oitavos de final eliminou o Honka Playboys, na liguiña de cuartos de final quedan primeiros de grupo e xa en semifinais perden fronte os franceses do o ASPO Tours.

Comeza a ACB

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1980-81 o Estudiantes consegue ser subcampión de liga por terceira vez. O equipo xogaba de maneira moi consistente e encestaba habitualmente máis de 100 puntos por partido. Soamente o Barcelona resistiu no Palau, quedando campión de liga ese ano. Esa tempada destacou tamén pola explosión de Fernando Martín, daquela con 19 anos. Con todo, ao ano seguinte, Martín e outros xogadores claves foron fichados por clubs con maior potencial económico e rivais directos. Así, en 1984, ano de debut da ACB, o club ten que loitar por non descender, salvándose tras eliminar ao Peñas Recreativas de Huesca no playoff pola permanencia.

En 1984-85 comeza a reconstruírse un equipo máis competitivo, chega David Russell e volve Vicente Gil. Esa mesma tempada, Russell empatou con José Luís Sagi-Vela o tope máximo de anotación individual dun xogador de Estudiantes, ao conseguir 50 puntos no partido que enfrontou a Estudiantes contra a Caja de Álava o 20 de outubro de 1984. O 10 de novembro dese mesmo ano, debuta de John Pinone, abrindo unha época mítica en Estudiantes e sendo un dos súa xogadores icona do club durante anos.

En 1986 o Estudiantes consegue o seu segundo título, a Copa Príncipe de Asturias, conseguindo así o dereito a participar en competicións europeas. Nas temporadas 1984−85, 1985−86, 1986−87 o Estudiantes chega a cuartos de final na liga. David Russell gaña o primeiro concurso de mates da ACB, en Don Benito (Badaxoz). O 28 de marzo de 1987 sería unha das datas máis lembradas da historia do club, tras gañar ao Real Madrid nos Cuartos de Final da liga por 121 a 115 tras tres prórrogas nun Pavillón Antonio Magariños ateigado. Este encontro supuxo o partido de playoff da historia ACB con máxima anotación conxunta (236 puntos). Aquel ano Estudiantes acabou finalmente quinto.

Novo título

[editar | editar a fonte]
Nacho Azofra.

No ano 1990 o Estudiantes logra o subcampionato na Copa do Rei e un terceiro posto na liga, tras ser eliminado polo futuro campión, o FC Barcelona, nas semifinais. Juan Antonio Orenga foi nomeado Mellor Xogador da final de Copa. En 1992, despois da boa tempada anterior, o equipo continua crecendo e nese ano chegan unha serie de resultados históricos. Ese ano estaban no equipo xogadores como Orenga, Alberto Herreros, John Pinone, Nacho Azofra ou Alfonso Reyes.

Por unha banda, Estudiantes proclamouse Campión de Copa, por segunda vez na súa historia, ante o CAI Zaragoza, por 61-56, en Granada. John Pinone foi nomeado Mellor Xogador do Torneo. Nesa final, Nacho Azofra saíu desde o banco, pois estaba lesionado, e Ricky Winslow fixo un mate final espléndido. Nos cuartos de final da Copa, o Estudiantes eliminou o Real Madrid cunha tripla de Juan Aísa no último segundo. En semifinais, gañou ao Joventut nun extraordinario partido de Pablo Martínez. En canto á liga, nas semifinais, o Estudiantes foi eliminado polo Joventut por 3-2. Os de Madrid gañaron o primeiro partido en Badalona, e no segundo perderon na prórroga, á que se chegou despois de fallar Estudiantes dous de tres tiros libres co tempo xa a cero. O Joventut proclamouse posteriormente campión de liga.

Pero o ano 1992 é sobre todo lembrado polo maior fito europeo de Estudiantes. Na liga Europea, conseguiu chegar á Final Four disputada ese ano en Istambul. Nas semifinais Estudiantes disputou a semifinal co Joventut, enfrontamento obrigatorio naquela época cando había dous equipos do mesmo país na Final a Catro, perdendo. Finalmente o campión sería o Partizan de Belgrado. Como curiosidade o Partizan tivo que xogar toda a Euroliga fóra de Iugoslavia, escollendo como fogar Fuenlabrada, cerca de Madrid. O Partizan gañou tódolos partidos de casa excepto un: Estudiantes.

En 1992−93, o maior logro do club foi chegar ás semifinais da liga, sendo eliminados por 3-2 polo Real Madrid de Arvydas Sabonis, que logo foi campión. Situación que se repetiu na seguinte tempada. En 1997 o Estudiantes consegue o terceiro lugar na liga, sendo eliminado en semifinais polo Barcelona, que acabou campión. A historia volveu repetirse ao ano seguinte. En 1999 o Estudiantes é subcampión da Copa Korać, nunha final española a dobre partido fronte ao FC Barcelona.

Dificultades e descenso

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 Estudaintes proclámase campión da Copa do Rei en Vitoria, ao gañar ao Pamesa Valencia por 73-63. O Estudiantes eliminara en cuartos ao anfitrión, o Tau Cerámica, e en semifinais ao Caja San Fernando de Sevilla, ademais volveu ser semifinalista na liga, perdendo ante o Real Madrid nunha vibrante eliminatoria por 3-2, resolta no último segundo do quinto partido no pavillón Saporta, ao fallar Chandler Thompson unha bandexa. Ao seguinte ano o equipo cae de novo en semifinais, esta vez tras eliminar ao Real Madrid en cuartos co factor cancha en contra. Por fin, o ano seguinte, o Estudiantes consegue chegar á final, perdendo fronte ao FC Barcelona na mesa, despois de partidos cargados de polémica arbitral. Como anécdota, Sergio Rodríguez debutou na ACB no último minuto do último partido, anotando unha penetración por encima do poste.

Na temporada 2004−05 o Estudiantes vingouse e eliminou o Barcelona, vixente campión, por 3-1 nos cuartos de final dos playoffs co factor campo adverso. Con todo, en semifinais, foi eliminado polo Real Madrid, que acabou gañando a liga. Ao ano seguinte, tras conseguir o oitavo posto na liga regular, o Estudiante perde na primeira rolda fronte ao Unicaja Málaga por 3-0. A cousa empeoraría ao ano seguinte, e o Estudiantes cun noveno posto queda fóra das eliminatorias polo título por primeira vez en moitos anos. Mais a cousa non quedaría aí, o seguinte ano foi aínda peor e o Estudiantes sálvase do descenso por unha soa vitoria. O ano seguinte o equipo mellora, mais volve a quedar na parte baixa da táboa. A racha negativa rompeuse por fin en 2010, e o Estudiantes volve a obter unha praza nas eliminatorias polo título tras tres anos.[1]

Con todo, apartir da década de 2010 o club comeza a pasar serias dificutades. De feito, descende da ACB até catro veces, tres delas sen consumarse. A primeira delas foi na temporada 2010–11, cando se manteñen na categoría despois da renuncia ao ascenso do Iberostar Canarias, equipo que de todos os xeitos acabou por ascender finalmente. A seguinte vez foi na temporada 2015–16, sendo esta vez o Quesos Cerrato Palencia o que renunciou o ascenso. A terceira vez foi na temporada temporada 2019–20, onde, tras ocupar o último lugar da liga, decidiuse que non houbese ningún descenso debido á pandemia de COVID-19. O descenso definitivo do club, esta vez si consumado, foi na temporada temporada 2020–21, cando o club finaliza no posto 18, esta vez ascendendo de forma efectiva o Club Baloncesto Breogán desde a LEB Ouro. Este descenso supuxo deixar de ser un dos únicos tres equipos, xunto ao Real Madrid e ao Joventut, que nunca descendera desde a máxima categoría.[2]

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Estudiantes Monteverde (1971–1977)
  • Estudiantes Mudespa (1978–1981)
  • Estudiantes Caja Postal (1981–1987)
  • Estudiantes Todagrés (1987–1988)
  • Estudiantes Bose (1988–1989)
  • Estudiantes Caja Postal (1989–1992)
  • Estudiantes Argentaria (1992–1997)
  • Adecco Estudiantes (1998–2006)
  • MMT Estudiantes (2006–2009)
  • Asefa Estudiantes (2009–2013)
  • Tuenti Móvil Estudiantes (2013–2014)
  • Movistar Estudiantes (2014–presente)

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: WiZink Center.
Fachada do WiZink Center.

O Estudiantes xoga so seus encontros como local no WiZink Center, un pavillón multiúsos situado na Avenida Felipe II de Madrid. Tras o incendio sufrido o 28 de xuño do ano 2001, a Comunidade de Madrid decidiu construír un novo pavillón no mesmo lugar. A súa construción iniciouse o 20 de febreiro de 2002, cun presuposto de 124 millóns de euros. Foi inaugurado o 16 de febreiro de 2005, ten capacidade de 17.453 espectadores para os partidos de baloncesto, e é a casa do Estudiantes e do Real Madrid.

Ademais do Pazo de Deportes, o Estudiantes xogou tamén nos seguintes pavillóns:[3]

Anos Pavillón Capacidade Inauguración
19481971 La Nevera (Campo Nuevo) 500 1957
19711987 Polideportivo Antonio Magariños 3 000 1971
19872001 Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid 11 960 1960
20012005 Palacio de Vistalegre 15 000 2000
20052010 Madrid Arena 10 500 2002
2010 Palacio de Vistalegre 15 000 2000
2011−presente Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid 17 453 2005

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Último elenco ACB

[editar | editar a fonte]
Movistar Estudiantes 2020−2021
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 1 Francia Jackson, Edwin 1,91 m (6 ft 3 in) 91 kg (201 lb) ASVEL Basket (2020)
B 3 Robinson, John 1,80 m (5 ft 11 in) 78 kg (172 lb) Galatasaray (2020)
E 4 Avramović, Aleksa 1,92 m (6 ft 4 in) 87 kg (192 lb) Unicaja Málaga (2019)
E 5 España Sola, Adams 1,93 m (6 ft 4 in) Canteira (2013)
P 7 Levy, Gilad 2,17 m (7 ft 1 in) Canteira (2018)
A 9 España Vicedo, Édgar 2,03 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) Canteira (2012)
P 17 Bulgaria Stoilov, Emil 2,08 m (6 ft 10 in) Canteira (2017)
AP-P 21 Brown, Alec 2,16 m (7 ft 1 in) 105 kg (231 lb) Telekom Baskets Bonn (2020)
P 31 Delgado, Ángel 2,08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Sioux Falls Skyforce (2020)
E 33 Lituania Giedraitis, Dovydas 1,93 m (6 ft 4 in) 80 kg (176 lb) Canteira (2017)
AP 42 Đurišić, Nemanja 2,03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) Beşiktaş (2020)
B 50 Cvetković, Aleksandar 1,88 m (6 ft 2 in) 75 kg (165 lb) Bàsquet Manresa (2020)
P 77 España Arteaga, Víctor 2,12 m (6 ft 11 in) 97 kg (214 lb) UCAM Murcia (2016)
Adestrador
  • España Javier Zamora
Asistente(s)
  • España Daniel Gómez

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 19−082020

Destacados

[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Xogador máis valioso da Copa do Rei

  • Juan Antonio Orenga – 1991
  • John Pinone – 1992
  • Alfonso Reyes – 2000

Xogador revelación da ACB

Campión do concurso de mates da ACB

  • David Russell – 1986, 1987
  • Ricky Winslow – 1990
  • Chandler Thompson – 1996, 1998

Campión do concurso de triplas da ACB

  • Danko Cvjetičanin – 1993
  • Keith Jennings – 1996
All-ACB First Team
  • Carlos Jiménez – 2006
  • Carlos Suárez – 2010
  • Nik Caner-Medley – 2011
  • Edwin Jackson – 2017
  • Sylven Landesberg – 2018
Carlos Jiménez (10).

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Copa do Rei

  • Campións (3): 1963, 1992, 2000
  • Subcampións (4): 1962, 1973, 1975, 1991

Copa Príncipe

  • Campións (1): 1986

Torneo Comunidad de Madrid

  • Campións (8): 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1999, 2001, 2002, 2003
  • Subcampións (14): 1984, 1985, 1986, 1987, 1989, 1991, 1994, 1995, 1997, 2004, 2008, 2011, 2012, 2013

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1957 1 1ª División 3–7
1958 1 1ª División 11–1–6
1958–59 1 1ª División 12–2–8 Cuartos de final
1959–60 1 1ª División 10º 6–2–14 Oitavos de final
1960–61 1 1ª División 10–2–10 Primeira rolda
1961–62 1 1ª División 10–8 Subcampión
1962–63 1 1ª División 11–5 Campión
1963–64 1 1ª División 13–9 Semifinais
1964–65 1 1ª División 6–8
1965–66 1 1ª División 8–10 Semifinais
1966–67 1 1ª División 14–6 Semifinais
1967–68 1 1ª División 16–4 Semifinais
1968–69 1 1ª División 12–10 Cuartos de final
1969–70 1 1ª División 11–1–10 Cuartos de final
1970–71 1 1ª División 8–14 Oitavos de final
1971–72 1 1ª División 12–10 Semifinais
1972–73 1 1ª División 17–1–12 Subcampión
1973–74 1 1ª División 17–2–9 Semifinais 2 Recopa de Europa SF 5–4
1974–75 1 1ª División 8–14 Subcampión
1975–76 1 1ª División 17–15 Semifinais 2 Recopa de Europa SF 6–1
1976–77 1 1ª División 10–12 Semifinais
1977–78 1 1ª División 8–1–13 Semifinais
1978–79 1 1ª División 13–1–8 Cuartos de final
1979–80 1 1ª División 9–1–12 Oitavos de final
1980–81 1 1ª División 18–2–6 Cuartos de final
1981–82 1 1ª División 11º 10–1–15 Oitavos de final
1982–83 1 1ª División 10º 8–1–17 Oitavos de final
1983–84 1 Liga ACB 13º 14–16
1984–85 1 Liga ACB 20–13 Copa Príncipe SF
1985–86 1 Liga ACB 17–15 Copa Príncipe
1986–87 1 Liga ACB 16–17 Cuartos de final Copa Príncipe OF 3 Copa Korać CF 5–3
1987–88 1 Liga ACB 18–14 Cuartos de final Copa Príncipe CF 3 Copa Korać CF 3–5
1988–89 1 Liga ACB 10º 20–19 Cuartos de final 3 Copa Korać CF 4–6
1989–90 1 Liga ACB 22–19 Oitavos de final
1990–91 1 Liga ACB 30–12 Subcampión 3 Copa Korać CF 8–4
1991–92 1 Liga ACB 30–13 Campión 1 Euroliga 14–7
1992–93 1 Liga ACB 27–14 Cuartos de final 1 Euroliga FG 6–10
1993–94 1 Liga ACB 22–16 Cuarto 3 Copa Korać FG 4–4
1994–95 1 Liga ACB 20–20 Terceiro 3 Copa Korać FG 5–5
1995–96 1 Liga ACB 29–16 3 Copa Korać FG 6–4
1996–97 1 Liga ACB 25–17 Cuartos de final 1 Euroliga OF 9–7
1997–98 1 Liga ACB 25–13 Cuartos de final 1 Euroliga OF 8–10
1998–99 1 Liga ACB 24–17 3 Copa Korać 14–2
1999–00 1 Liga ACB 28–14 Campión 3 Copa Korać SF 11–3
2000–01 1 Liga ACB 22–16 Cuartos de final 1 Euroliga OF 4–8
2001–02 1 Liga ACB 23–19 Semifinais 2 Copa Saporta OF 6–6
2002–03 1 Liga ACB 27–14 Cuartos de final 2 Copa ULEB SF 11–5
2003–04 1 Liga ACB 28–20 Cuartos de final 2 Copa ULEB SF 11–5
2004–05 1 Liga ACB 25–17 Cuartos de final 1 Euroliga TR 4–10
2005–06 1 Liga ACB 17–20 2 Copa ULEB TR 4–6
2006–07 1 Liga ACB 16–18 3 FIBA EuroCup 12–4
2007–08 1 Liga ACB 14º 12–22
2008–09 1 Liga ACB 13º 12–22 Semifinais
2009–10 1 Liga ACB 19–17 Cuartos de final
2010–11 1 Liga ACB 12º 16–18 2 EuroCup CF 8–6
2011–12 1 Liga ACB 17º 11–23
2012–13 1 Liga ACB 12º 15–19 Cuartos de final
2013–14 1 Liga ACB 16º 12–22
2014–15 1 Liga ACB 13º 14–20
2015–16 1 Liga ACB 17º 9–25
2016–17 1 Liga ACB 11º 13–19
2017–18 1 Liga ACB 11º 17–17 3 Champions League TR 9–1–6
2018–19 1 Liga ACB 16º 11–23 Cuartos de final 3 Champions League 2RC 2–2
2019–20 1 Liga ACB 18º 5–18
2020–21 1 Liga ACB 18º 9–27

Características

[editar | editar a fonte]
Seareiros da "Demencia".

Xogando nas canchas do devandito instituto e cun gran número de equipos de tódalas categorías, a canteira do club deu como froito durante toda a súa historia moitos grandes xogadores e adestradores do baloncesto español. Entre os xogadores pódese mencionar a Fernando Martín, Alberto Herreros, Carlos Jiménez Sánchez, Felipe Reyes, Sergio Rodríguez, Antonio Díaz-Miguel, Aíto García Reneses, Jesús Codina, Vicente Ramos, Juan Antonio Martínez Arroio, Gonzalo Sagi-Vea, Vicente Gil ou Nacho Azofra. Entre os adestradores pode citarse a José Vicente Hernández (máis coñecido como Pepu Hernández) ademais dos xa citados Antonio Díaz-Miguel e Aíto García Reneses. Este tres adestradores foron os seleccionadores da selección española de baloncesto baixo cuxa dirección esta conseguiu o seu tres maiores logros internacionais (un Campionato do Mundo e dúas medallas de prata en Olimpíadas).

Estudiantes foi catro veces subcampión da liga española e tres veces campión da Copa. A nivel internacional, desde 1973 participou en competicións europeas en vinte e catro tempadas xogando a Euroliga, a Recopa, a Copa Korać, a Copa Saporta, a Copa ULEB, e a FIBA EuroCup. O Estudiantes chegou a xogou a final a catro da Euroliga en Istambul de 1992 e foi subcampión da Copa Korać en 1999.

Seareiros

[editar | editar a fonte]

Destacan tamén os seus seareiros, coñecidos como "La Demencia", que animan ao seu equipo constantemente, e que fan do humor e a ironía unha forma de ver o baloncesto, recibindo mesmo recoñecementos oficiais. A afección estudantil en gran medida considera viable a filosofía de manter a Estudiantes como equipo "de patio de colexio", a orixe do club, aínda dentro dun baloncesto cada vez máis profesionalizado. En 2007 a asistencia media de espectadores ao Madrid Arena durante a liga regular foi de 9.120 espectadores, dato que coloca ao equipo no segundo apartado tralo Unicaja Málaga.[4]

Rivalidade

[editar | editar a fonte]

É proverbial a intensa rivalidade con outro equipo de baloncesto de Madrid, nado como sección satélite dun club futbolístico. Así, moitos afeccionados do Estudiantes pensan que veu aproveitando, non sempre ben, as vantaxes económicas derivadas da súa dimensión futbolística, para fichar, en ocasións abusivamente, a numerosos xogadores de Estudiantes e doutros equipos de baloncesto. En Estudiantes, pola contra, numerosos xogadores refugados polo outro equipo de Madrid de financiamento futbolístico, atoparon a contorna para desenvolver a súa madurez e alcanzado, por exemplo, a selección española de baloncesto.

Cores e símbolos

[editar | editar a fonte]
Acceso ao pavillón Antonio Magariños.

As cores do uniforme do equipo na tempada 2008-09 son azul escuro (primeiro equipamento) e amarela a camiseta e azul escuro o pantalón (segundo equipamento), tendo unha terceira equipaxe azul claro. Durante anteriores tempadas, foron de diversos tons de azul (primeiro equipamento), vermello (segundo) e azul celeste (terceiro).

As cores orixinais en 1948, cando a fundación do club, eran simplemente o equipamento para ximnasia dos alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu: camiseta azul e pantalón branco. Dependendo do patrocinador principal, Estudiantes vestiu tamén, ademais das cores anteriores, de azul claro, amarelo, negro, verde, e mesmo en segundos equipamentos durante os anos 70, a cor branca. O escudo do club é un escudo aguzado na punta inferior e contén as cores azul escuro e azul claro. O escudo consta dun campo composto dividido en dous partes desiguais. No terzo superior, máis pequeno, as iniciais "E" e "C", por "Estudiantes Club", e na parte máis grande inferior, de esquerda a dereita, as iniciais "R", "I" e "M" entrelazadas ao redor da I, por "Instituto Ramiro de Maeztu". A I ocupa e divide esta parte inferior en dous partes iguais. O terzo superior pequeno e a parte dereita inferior son de cor azul escuro e a parte esquerda inferior de cor azul claro. Os bordos dos campos e do escudo son dourados, así como as letras.

Aínda que Estudiantes non foi propenso a formas como as animadoras ou as mascotas, moitos consideran o golfiño como mascota informal de Estudiantes. A orixe desta mascota está nas celebracións dos afeccionados do club en caso de eventos extraordinarios na Praza da República Arxentina, praza moi próxima á sede do club no Pavillón Antonio Magariños, no Instituto Ramiro de Maeztu. A praza ten unha fonte central onde hai varias estatuas de parellas de golfiños saltando sobre a auga. Por iso, esta praza coñécese popularmente tamén como a "praza dos golfiños". Os golfiños adoitan representarse co lombo azul e o abdome branco. Casualmente, as cores da bandeira da República Arxentina son tamén o azul claro e o branco. O golfiño Ramiro paséase polo campo e as bancadas durante as últimas tempadas cando Estudiantes xoga no seu pavillón.

Daniel Clark.

A canteira é sen dúbida unha das características esenciais do club, que o identifican mesmo fóra de España. Os equipos alevíns, infantís, cadetes e júniors conseguiron numerosos trofeos nas diferentes competicións nacionais e rexionais ao longo dos máis de 50 anos de historia do club. Moitos xogadores de Estudiantes foron seleccionados para as seleccións sub 20, júniors, xuvenís e infantís.

Como mostra, Estudiantes proclamouse campión do chamado circuíto sub-20, (con xogadores como Soria, Yusta, Clark, Soto, Aspe etc.), torneo organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB por primeira vez na tempada 2005-06, para xogadores menores de 20 anos. Este torneo confórmase con varias concentracións ao longo da tempada en varias cidades e unha final cos mellores 8 equipos. Varios xogadores deste equipo vencedor do circuíto Sub 20 foron seleccionados para a selección española sub-20 de 2006 que disputou o Campionato de Europa U20 en Turquía (Soria, Yusta, Beirán, Aspe, incorporándose tamén Carlos Suárez do equipo ACB), quedándose fose da selección definitiva Soria. Algúns seguidores cuestionan que Soria e Yusta, xogadores cun gran futuro por diante, tivesen que saír do club, e na tempada 2006-07 xogan na Lagoa en liga Leb2 (Soria) e no equipo do Real Madrid de Leb2 (Yusta).

Na tempada 2005-06, o club contaba ademais do equipo feminino na máxima categoría, con equipo masculino na liga EBA (liga de afeccionados organizada pola Federación Española de Baloncesto) e con equipo na primeira división feminina, con 5 equipos masculinos e 2 femininos en categoría júnior, seis equipos masculinos e tres femininos en cadetes, catro equipos masculinos e dous femininos en categoría infantil e sete equipos máis entre pre-infantís e alevíns (mixtos). Ademais existe unha Escola de Baloncesto cuns catrocentos inscritos e organízanse durante o ano varios campus e "clinics".

Na tempada 2005-06, sete equipos da canteira de Estudiantes tanto de categorías masculina como feminina dos diferentes grupos de idades clasificáronse para os Campionatos de España da súa categoría, sendo o único club de España en colocar tantos equipos nas fases finais dos campionatos. En total, a canteira de Estudiantes intégrana uns 900 xogadores, nun corenta equipos, cun corpo técnico composto por case un centenar de persoas entre adestradores, delegados, preparadores físicos e fisioterapeutas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]