Acción Nacionalista Vasca
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) | |
---|---|
Partido político do País Vasco sur Ilegalizado en 2008 | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Kepa Bereziartua (Presidente) Juan Carlos González (Secretario Xeral) |
Mocidades | Non ten de facto, Segi |
Filiación internacional | Ningunha |
Historia | |
Fundación | 1930 (ilegalizado en España en 2008) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo vasco Socialismo |
Outros datos | |
Sede | Iruñea |
Na rede | |
www.eae-anv.org (Non operativa) | |
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) é un partido nacionalista vasco ilegalizado de esquerdas e socialista.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Naceu como unha escisión de Aberri en 1930 como reacción á fusión deste coa conservadora Comunión Nacionalista Vasca para refundar o Partido Nacionalista Vasco. Xogou un papel importante, aínda que minoritario, durante a II República Española e a guerra civil española cando o partido formou varios batallóns e tivo un conselleiro no primeiro goberno vasco, mantivo a súa actividade no exilio, apoiou a ETA e na transición integrouse en Herri Batasuna pero cando esta se refundou en Batasuna ANV non se integrou nela.
En 2007 concorreu ás eleccións municipais no País Vasco e Navarra, malia seren ilegalizadas as súas listas en moitos concellos. Conseguiu un total de 95 000 votos, gañando en 31 municipios e obtendo representación noutros 62. A formación atribúese tamén os votos declarados nulos, que suman un total de 92 000.
O 16 de setembro de 2008, o partido foi ilegalizado polo Tribunal Supremo de España.