Sjón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1962 (62 anos) Reiquiavik, Islandia |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, surrealism (en) , poesía, música, letra, guión cinematográfico e actuación cinematográfica |
Ocupación | escritor, letrista, músico, escritor de literatura infantil, guionista de cinema, compositor, guionista, dramaturgo, poeta, actor de cinema |
Período de actividade | 1978 - |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | sjon.siberia.is |
Sigurjón Birgir Sigurðsson, máis coñecido como Sjón, nado en Reiquiavik o 27 de agosto de 1962, é un escritor e artista islandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É un dos autores máis coñecidos da literatura islandesa contemporánea. Comezou a súa carreira literaria co libro de poesía Sýnir (Visións). Até 2011 levaba publicados 11 libros de poemas e 7 novelas. As súas novelas Augu þín sáu mig e Með titrandi tár recibiron o premio cultural do diario islandés DV, e Argóarflísin, á súa vez, o premio á novela do ano da Asociación de Libreiros. Skugga-Baldur obtivo o premio de Literatura do Consello Nórdico en 2005 e está traducida ao galego por Elías Portela e publicada por Rinoceronte Editora.
Tamén traballou nos ámbitos da música, o cinema ou a ópera.
É ben coñecido por ser o compositor dalgunhas letras para a cantante Björk, entre elas o tema "Oceania", así como por ser coautor da banda sonora do filme Dancer in the Dark, do dinamarqués Lars von Trier.
O 10 de abril de 2017 deu un recital poético en idioma islandés na Coruña xunto a Elías Portela (que leu pomas seus en islandés e en galego), encadrado no ciclo Poetas Di(n)versos e presentado como é habitual pola poetisa Yolanda Castaño.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa traducida
[editar | editar a fonte]- Skugga-baldur (2009, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela).
- O rapaz que nunca existiu (2017, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela).[2]