Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Bibiano José Manuel Ramón Fernández Osorio, coñecido como Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego, funcionario da Organización das Nacións Unidas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ata a guerra civil
[editar | editar a fonte]Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934[2][3].
Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana. Logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira á súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.
En abril de 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.[4]
No exilio
[editar | editar a fonte]Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exiliouse primeiro a Francia, onde foi secretario xeral do SERE (posto do que dimitiu en outubro de 1939), e en 1940 marchou a Santo Domingo acompañado de Ione Robinson, para finalmente recalar México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. En 1948 incorporouse á ONU; no 55 foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.
Durante a Transición española, o presidente do Goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.[5]
No últimos anos volveu a Galicia tres veces en breves visitas.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Josefina Arruti,[7] coa que tivo 3 fillos. Despois da Guerra no exilio tivo outro fillo coa mexicana Luz.
Legado
[editar | editar a fonte]En 2023 Xosé Monteagudo publicou a novela Vémonos mañá, na que novela a vida de Bibiano e Josefina.[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Nunha conferencia en 1935.
-
Suspensión de emprego e soldo, separación definitiva do corpo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fandiño Veiga.
- ↑ "Pontevedra, outubro de 1934 (2)", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Os anos do medo, 13/7/2012.
- ↑ "Destitución de Tafall", Faro de Vigo, 15/10/2017 (en castelán).
- ↑ Herreros, Isabelo (maio-xuño 2005). "Bibiano Fernández Osorio-Tafall". Política (57).
- ↑ "O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12.
- ↑ "Josefina Arruti ya tiene más que una calle: un panel da a conocer su papel frente a la represión franquista". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2022-04-02.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bibiano Fernández Osorio-Tafall |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez, Santiago (1992). Osorio Tafall: su personalidad, su aportación a la Historia (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-609-2.
- Cores Trasmonte, Baldomero (1976). El estatuto de Galicia (en castelán). Librigal. ISBN 84-7383-004-0.
- Otero Guldrís, Francisco (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Pardo Teijeiro, Xosé Francisco (2010). Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-452-1.
- Rodríguez Galdo, María José (setembro de 2007). "Unha achega a distintas personalidades do exilio galego en México" (PDF). Claridade (Fundación Luís Tilve): 72–76.
- "Fernández Osorio-Tafall, Bibiano". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 77.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Expediente académico no Instituto de Pontevedra.
- Fernández Prieto, Lourenzo; Fraga Vázquez, Xosé A. (2012). "Bibiano Fernández Osorio-Tafall". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. "Bibiano Fernández Osorio-Tafall". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
Predecesor: Manuel Casqueiro Paz |
Alcalde de Pontevedra 1931 - 1934 |
Sucesor: Ramón Segura de la Garmilla. |
Predecesor: Tomás Abeigón Pazos |
Alcalde de Pontevedra 1936 |
Sucesor: Manuel García Filgueira |
Predecesor: Amancio Caamaño |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1931 |
Sucesor: Amancio Caamaño |
- Biólogos de Galicia
- Alcaldes de Pontevedra
- Alcaldes de Galicia durante a II República
- Alcaldes de Galicia da ORGA
- Presidentes da Deputación de Pontevedra
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Galegos de México
- Exilio galego
- Medallas Castelao
- Nados en Pontevedra
- Nados en 1902
- Finados en 1990
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Profesores de educación secundaria
- Personalidades da ONU