bucho
- Pronuncia: /ˈbut͡ʃo̝/ (AFI)
bucho (sg: bucho; pl: buchos)
- Pulmón dun animal, especialmente de vaca ou porco.
- Estómago dun animal.
- (Coloquial) Estómago dunha persoa.
- (Zooloxía) Parte do esófago das aves con forma de bolsa membranosa, coa función de amolecer os alimentos antes de que pasen a ser triturados na moella.
- (Botánica) Alga mariña da familia das fucáceas sendo a única especie do xénero Ascophyllum, do océano Atlántico, que recibe seu nome polas bochas dos seus talos.
- Nome científico: Ascophyllum nodosum.
- Sinónimos: boche, bocho.