[go: up one dir, main page]

Galego
 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aparello».
 
Nasas (aparellos de pesca) na praia de Louro, Muros.
 
Aparellos dun barco de vela.
  •   Pronuncia: /apaˈɾeʎo/ (AFI)

  Substantivo masculino

aparello (sg: aparello; pl: aparellos)

  1. Utensilio para un determinado labor.
  2. (Arquitectura) Disposición construtiva e trabazón dadas aos materiais empregados en muros.
  3. (Mariña) Conxunto de mástiles, velas e cabos dunha embarcación a vela.
  4. (Pesca) Conxunto de útiles para poder practicar a pesca.
  5. (Tecnoloxía) Máquina composta por dúas poleas e unha corda.

Observacións

Aínda que algúns autores empregan os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc. Así falaremos de aparello dixestivo ou de aparello de Golgi. Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.

Termos relacionados

Traducións