[go: up one dir, main page]

Galego
 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «accidente».
 
Accidente no que estiveron involucrados un coche e unha moto
  •   Pronuncia: /aɡ.θi.ˈden.te/ ou /aɡ.si.ˈden.te/ (AFI)

  Substantivo masculino

accidente (sg: accidente; pl: accidentes)

  1. Suceso imprevisto ou casual que pode producir dano involuntario a persoas ou cousas.
    • Exemplo: Houbo tres feridos nun accidente de tráfico.

  2. Suceso imprevisto ou casual que altera a orde regular das cousas.
    • Exemplo: Salvo algún pequeno accidente, a súa carreira política foi brillante

      .
  3. Elevación ou depresión brusca que altera a regularidade do terreo.
    • Exemplo: Era todo unha chaira, sen accidentes no terreo

      .
  4. Indisposición ou enfermidade xeralmente grave e que aparece de forma repentina.
    • Exemplo: Accidente coronario

      .
  5. Síntoma grave que se presenta imprevistamente durante unha enfermidade, sen ser dos que a caracterizan.
    • Exemplo: No quirófano houbo un accidente que complicou a operación.

  6. (Filosofía) Calidade ou estado que aparece en algo sen constituír un elemento esencial ou derivado da súa natureza esencial.
    • {{exemplo|A escolástica ocupouse con detalle da noción de accidente.
  7. (Música) Cada un dos tres signos cos que se altera a tonalidade dunha nota musical.
    • Exemplo: O sostenido o bemol e o becuadro son tres accidentes.

  Substantivo masculino plural

accidentes

  1. (Relixión) Figura, cor, sabor e olor que, na eucaristía, quedan do pan e do viño despois da consagración.